sesión ordinaria do concello pleno celebrada o día dezaoito de decembro de dous mil catorce. no concello de láncara, sendo as doce horas do

SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO PLENO CELEBRADA O DÍA DEZAOITO DE
DECEMBRO DE DOUS MIL CATORCE.
No Concello de Láncara, sendo as doce horas do día dezaoiuto de
outubro de dous mil catorce , reúnese no Salón de Sesións o Concello
Pleno, para tratar os asuntos contidos na Orde do Día, coa asistencia
dos Sr. Concelleiros: D. José Manuel Neira Castro, D. Andrés Manuel
Caballero López, D. Ricardo Núñez Valcárcel , D. José Manuel Álvarez
Rodríguez D. Carlos Fernández Díaz, D. Darío Antonio Piñeiro López ,
D. Pablo Rivera Capón D. Oscar Rodríguez Somoza , D. José Manuel
García Aldegunde e D. Carlos Santiago López Sierra.
Preside a Sesión o Sr. Alcalde D. Eladio Capón López, e actúa de
Secretario o titular D. José López Castro.
1º.-DECLARACIÓN DE CARÁCTER ORDINARIO DA SESIÓN.
2º.-LECTURA E APROBACIÓN, SE PROCEDE, DO BORRADO DA ACTA DA SESIÓN
CELEBRADA O DÍA 10 DE OUTUBRO DE 2014.
3º.-DECRETOS Nº 202 AO 248.
4º.-DAR CONTA DO ACORDO TOMADO POLA XUNTA DE GOBERNO LOCAL, EN SESIÓN
CELEBRADA O DÍA 24-11-2014, SOBRE NOMEAMENTO DE REPRESENTANTE PARA O
CONSELLO ESCOLAR.
5º.-PLAN DE AXUSTE.
6º.-ESCRITO DE FONDO GALLEGO, SOBRE SISTEMA DE COUTAS DO FONDO GALEGO.
7º.-COMUNICACIÓN DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO, SOBRE DOSIER
FACTURA ELECTRÓNICA.
8º.-ACLARACIÓN PREGUNTAS FORMULADAS NO PLENO DE DATA 29-1014:
-D. MANUEL PÁRAMO DÍAZ, ADMINISTRADOR DA SOCIEDADE JESÚS Y PÁRAMO,
FACTURA DE DATA 21-05-2013.
-OBRAS Y SERVICIOS MIGUEZ, FACTURA DE DATA 9-10-2009.
9º.-RECLAMACIÓNS P.X.O.M.
10º.-ESCRITO DE BRUNO PIROSCIA PENADO, SOBRE DESLINDE DE PARCELA EN
PRAIAS DE VALDRIZ.

11º.-RECORDATORIO CON MOTIVO DO DÉCIMO ANIVERSARIO DO HERMANAMENTO
ENTRE A LISA E LANCARA (11-11-2004).
12º.-FACTURA ELECTRONICA PARA O ANO 2015.
13º-ROGOS E PREGUNTAS.
1º.-DECLARACIÓN DE CARÁCTER ORDINARIO DA SESIÓN.
Por unanimidade de tódolos asistentes acordase a declaración de
carácter ordinario da presente sesión ao coincidir o día 20 sábado.
2º.-LECTURA E APROBACIÓN, SE PROCEDE, DO BORRADO DA ACTA DA SESIÓN
CELEBRADA O DÍA 10 DE OUTUBRO DE 2014.
Visto o borrrador da acta da sesión celebrada o día dez de outubro mil
catorce , este foi aprobado por unanimidade de tódolos asistentes.
3º.-DECRETOS Nº 202 AO 248.
Vistos os Decretos da Alcaldía dende o 202 ao 248 ambos inclusive, ano
2014.
O Pleno por unanimidade, de tódolos asistentes .
Dase por enterado do contido de tódolos decretos, retificando os
memos.
4º.-DAR CONTA DO ACORDO TOMADO POLA XUNTA DE GOBERNO LOCAL, EN SESIÓN
CELEBRADA O DÍA 24-11-2014, SOBRE NOMEAMENTO DE REPRESENTANTE PARA O
CONSELLO ESCOLAR.
Visto o acordo tomado pola Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada
o día 24-11-2014, polo que se nomea como representante deste Concello
para o Consello Escolar a D. Andres M. Caballero López.
O Pleno, por unanimidade dase por enterado do contido de dito acordo
ratificando o mesmo.
5º.-PLAN DE AXUSTE.
Visto o escrito remitido polo Director Xeral de Política Financieira e
Tesouro, relativo a liquidación orzamento 2013 , no que pon de
manifesto que se produciu incumprimento do obxectivo de estabilidade
orzamentaria, polo que tal como establece o artigo 21 da Lei orgánica
2/2012, de 27 de abril, de Estabilidade Orzamentaria e Sostibilidade
Financiera, que “no caso de incumprimento do obxectivo de estabilidade
orzamentaria, obxectivo de débeda ou regra do gasto, a administración
incumplidora formulará un plan económico-financieiro que permita no
ano en curso e no seguinte o cumprimento dos obxectivos e da regra do
gasto”

Unha vez elaborado o dito plan, deberase remitir tanto ao Ministerio
de Hacienda y Administraciones Públicas a través da aplicación de
captura habilitada ao efecto na Oficina Virtual, asi como a esta
Dirección Xeral.
Visto que o estado de liquidación do orzamento do ano 2013 é de
-6.666,69, o que supón un coeficiente insignificante con relación ao
orzamento.
Visto que a economía do concello atópase saneada ao ter liquidez
suficiente para facer fronte o pago das facturas dentro de prazo e non
existir a esta data, facturas pendientes de pago.
Visto que o resultado negativo do orzamento débese o incremento que
supuxo o mantemento dos servizos sociais, programa de axuda a
domicilio (servizos básicos). programa que desaparecerá a finais do
ano 2015, para o caso de que non este subvencionado ao 100%, ao
tratarse de competencias impropias.
Visto que os feitos expresados anteriormente se poden xustificar
documentalmente, coas copias das actas de arqueo e con información que
obra na plataforma do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas
e para o rexistro de facturas trimestralmente.
O Pleno por maioria absoluta (6 de 11), co voto a favor dos 5
representantes do Partido Popular e un do CDL e coa abstención dos 3
Concelleiros do P.S.G.-P.S.O.E. e 1 Concelleiro do B.N.G.
ACORDOU:
1º.-Non formular un plan económico-financieiro que permita no ano en
curso o cumprimento da regra do gasto ao non consideralo necesario, xa
que no exercicio actual se dará cumprimento a regra do gasto. E con
estabilidade orzamentaria.
2º.-Remitir certificación deste acordo a Consellería de Facenda,
Dirección Xeral de Política Territorial Financieira e Tesouro.
6º.-ESCRITO DE FONDO GALLEGO, SOBRE SISTEMA DE CUOTAS DO FONDO GALEGO.
Visto o escrito remitido polo Fondo Galego de Cooperación e
Solidariedade, , sobre sistema de cuotas que para este Concello sería
de 291,69 €, para o ano 2015.
O Pleno , por unanimidade,
ACORDOU:
Dexiar o asunto sobre a mesa para mellor estudo.
7º.-COMUNICACIÓN DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO, SOBRE DOSIER
FACTURA ELECTRÓNICA.
Por parte do Concelleiro D. Pablo Rivera Capón informase que a partir
do día 15 de xaneiro de 2015 é obrigatorio ter o instrumento necesario
para que as facturas se poídan presentar por correo electrónico,
estando na actualidade un técnico, posto pola Deputación Provincial,
ata finais de febreiro, para asesorar e informar sobre este asunto,
polo que é necesario adherir o punto xeral de facturas electrónicas da
Administración do Estado- FACE
O Pleno, por unanimidade,

ACORDOU:
1º.-Adherirse o convenio “o punto xeral de facturas electrónicas da
Administración do Estado- FACE”.
2º.-Excluir da obrigatoriedade de presentar factura electrónicas, as
facturas inferiores a 5.000,00 €., regulando esta exclusión nas bases
de execución do presuposto.
3º.-Someter este acordo a información pública a traves de edicto
publicado no B.O.P , de acordo co establecido na disposición adicional
6ª, da Lei 25/2013 de 27 de decembro , de impulso da factura
electrónica e creación do rexistro contable no sector público.
8º.-ACLARACIÓN PREGUNTAS FORMULADAS NO PLENO DE DATA 29-1014:
-D. MANUEL PÁRAMO DÍAZ, ADMINISTRADOR DA SOCIEDADE JESÚS Y PÁRAMO,
FACTURA DE DATA 21-05-2013.
Visto o informe da factura presentado por D. Manuel Páramo Díaz,
representante da empresa Jesús y Páramo S.L.
Por parte do Concelleiro D. Dario A. Piñeiro López, pon de manifesto
que esta empresa non é a primeira vez que non reflexa a realidade nas
facturas.
E como pudo comprobar sobre terreno cinco metros cúbicos de formigón
non é posible empregalos na colocación deses tubos, ademais amosalle o
Sr. Alcalde un cacho do formigón para que vexa o formigón que emprega
nas obras esa empresa.
Por parte do Sr. Alcalde respostaselle que a aclaración feita é
suficiente e que ese cacho de formigón que traía non sabe onde o
colleu e que non se empregou o hormigón solo nos tubos, polo que a
aclaración e correcta e adecuada.
O Pleno por maioria absoluta, (6 de 11),co voto a favor dos 5
representantes do Partido Popular e un do CDL e coa abstención
Concelleiro do B.N.G. e votando en contra os 3 Concelleiros do
P.S.G.-P.S.O.E.
ACORDOU:
Considerar suficiente a aclaración formulada por D. Manuel Páramo
Díaz, representante da empresa Jesús y Páramo S.L., sobre a factura nº
15 de data 21/05/2013.
-OBRAS Y SERVICIOS MIGUEZ, FACTURA DE DATA 9-10-2009.
Visto o informe –valoración de obras presentado por “obras e Servicios
Miguez S.L.”
Polo Secretario-Interventor informase que se trata dunha factura do
ano 2009, polo que a factura está prescrita.
Por parte do Sr. Alcalde manifesta que casi non ten que explicar, xa
que o que presentou a empresa non coincide coa factura, tería que
explicar donde colocou os 80 metros de tubos de 80, que non di nada e
que por el non se toca mais ese tema.
Por parte do Concelleiro D. Andres Caballero López manifesta que si se
presenta unha factura de 30.000,00€ o día da moción de censura o
constructor non protesta por que non cobra e ti non dis nada
(referindose a Dario A. Piñeiro López) a min cheirame fatal .

Respostandollo Dario A. Piñeiro López que este señor fixo unha obra
que era unha L4, que os veciños pediron que se lles fixeran máis obra,
polo que eu sempre dixen e sigo dicindo, que ao mellor hai que pagar
unha cantidade, non os 30.000,00 €, pero que cando esta factura había
que estudiala e vela, foi a moción de censura
Toma novamente a palabra o Sr. Alcalde e manifesta que el contactou co
técnico director da obra e manifestou que nin os metros de formigón
coinciden nin existen tubos de 80.
Pide a palabra o constructor que se atopaba no Salón de Pleno,e o Sr.
Alcalde , concedeulle uns minutos, manifestando que si fan o favor
veñen con migo e explicolles donde está feita a obra, que o Sr.
Alcalde xa me manifestou persoalmente que esa factura na vida sería
pagada.
Por parte do Concelleiro D. José M. Alvarez Rodríguez , pide
explicacións sobre o que se vai a votar, xa que si a factura está
prescrita e que el nunca recorda que as preguntas dos plenos se
votaran, aclarandolle o Sr. Secretario que se via votar si a memoria é
conforme ou non coa factura presentada no seu día
Os Concelleiros do PSG-PSOE manifestan que eles non van votar esto, xa
que foron convocados para aclarar a factura.
Manifestando o Concelleiro Dario A. Piñeiro López que quere que conste
en acta que non esta da acordo coa factura nin co informe que non é
técnico para xulgar ese informe.
O Pleno por maioria absoluta (6 de 11),co voto a favor dos 5
representantes do Partido Popular e un do CDL e coa abstención dos 3
Concelleiros do P.S.G.-P.S.O.E. e do Concelleiro do B.N.G.
ACORDOU:
Non prestar aprobación ao informe-valoración presentado pola empresa
obras e Servicios Miguez S.L., ao considerar que o mesmo non recolle o
que figuraba na factura.
9º.-RECLAMACIÓNS P.X.O.M.
Dada lectura polo Secretario , por orden do Sr. Alcalde, as seis
reclamacións presentadas¨: Julio López López sobre inclusión en area
de expansión de núcleo rural a parcela con referencia catastral
27026A010013780000ZF ; Dª Segunda López Villar , sobre erro no trazado
na Rúa do Campo da Feira; Alfonso Rodríguez López supresión de zona de
núcleo rural; José A. López Sierra sobre sustitución do ben protexido
no de catálogo 3-06 como Muiño de Carracedo por casa , xa que nunca
foi muiño; Mª del Carmen Rodríguez Arca sobre inclusión de parte da
finca con referencia catastral 27026A010013760000ZL, en area de
expansión de núcleo rural ;Capela de Villambrán ben protexido no de
catálogo 2.1-12 que figura como capela e é tratase unha palleira.
O Pleno por unanimidade, considera que os erros se deben correxir o
antes posible.

10º.-ESCRITO DE BRUNO PIROSCIA PENADO, SOBRE DESLINDE DE PARCELA EN
PRAIAS DE VALDRIZ.
Visto o escrito presentado por D. Bruno Piroscia Penado, polo que
solicita “aclaración respecto ás diferencias que se deixaron
constatadas en escrito de data 21 de outubro de 2014 a cerca da
superficie real da parcela, a prevista no plan parcial e a que ha de
conter conforme ao título de propiedade, faise constar que as
dimensións previstas en proxecto de urbanización son:
-Ancho de frente a vial público (Este): 28 metros.
-Ancho de frente a paseo frente a río (Oeste): 28,50 metros”
Visto que a documentación aportada polo topógrafo é contradictoria co
proxecto de construcción.
Visto que no parcelario no proxecto de con tracción a superficie da
parcela 55 é de 753m2
O Pleno , por unanimidade,
ACORDOU:
1º.-Dexiar o asunto sobre a mesa en base a que o topógrafo aporte mais
documentación e que a aparelladora informe por escrito.
2º.-Darlle traslado a D. Bruno Piroscia Penado.
11º.-RECORDATORIO CON MOTIVO DO DÉCIMO ANIVERSARIO DO HERMANAMENTO
ENTRE A LISA E LANCARA (11-11-2004).
Como consecuencia do 10 aniversario do hermanamento do Concello de
Láncara con La Lisa, D. Eldis Vargas Camejo fainos chegar as palabra
que no seu día se pronunciaron no hermanamento, propostos polo
Comandante en Jefe Fidel Castro Ruz, dando lectura polo Sr. Secretario
ao mesmo , a petición do Sr. Alcalde, quen manifesta que se sinte moi
alagado por aquel hermanamento, que as cousas cambiaron moito, pero
que persoalmente volvería A Lisa para facer un recordatorio deste
hermanamento, que o normal sería facelo un ano nun sitio e outro ano
noutro sitio, que o estar tan lonxe e imposible pero polo menos
recordalo, pasando a dar lectura o comunicado, que dí:
“Hace exactamente 10 años, un día como hoy 11 de noviembre, los
municipios de la Lisa, en la Habana y de Láncara, en Galicia, formaron
un hermanamiento que solo fue el comienzo de una indestructible
amistad que hoy perdura.
Para orgullo de los liseños fue el Comandante en Jefe Fidel Castro Ruz
quien le dio la encomienda a nuestro municipio.
Tuve el privilegio de firmar ese histórico documento junto a Eladio
Capón López, todavía Alcalde de esa localidad, en presencia de otras
personalidade y de su querida esposa Doris López López.
Las palabras expresadas por mi en aquel entonces, las comparto con
todos, como muestra de mi afecto hacia Láncara, sus autoridades y
pobladores y con la esperanza de que esas relaciones se fortalezcan y
permanezca por siempre:
PALABRAS DEL PRESIDENTE DE LA ASAMBLE MUNICIPAL DEL PODER POPULAR DE
LA LISA ELDIS J. VARGAS CAMEJO EN LA FIRMA DE HERMANAMIENTO ENTRE LA
LISA Y LÁNCARA.

Estimado compañero José Ramón Fernández Álvarez, Vicepresidente del
Consejo de Ministro de la República de Cuba.
Excmo Sr. Eladio Capón López, Alcalde del de la Municipalidad de
Láncara, provincia de Lugo, en Galicia España.
Excmo Sr. Carlos Belón Ares, Alcalde del Ayuntamiento de Samos, en
igual región.
Compañero Carlos Amador Silva, Vicepresidente del Consejo de la
Administración Provincial de Ciudade de la Habana.
Compañera Nidia Virgen Mustelier, miembro del Buró Municipal del
Partido en la Lisa.
Compañero Humberto Hernández Reynoso, Secretario General de la OSPAAL
y ex Cónsul General en Galicia, España.
Profesor Rodrígo Alvarez Cambas, Diputado a la Asamblea Nacional del
Poder Popular y Director del Complejo Ortopédico Cientifico
Internacional “Frank País”
Compañeras y compañeros:
El día de hoy, 11 de noviembre de 2004, precisamente en el mes y año
en que la gloriosa capital del país arriba a su 485 Aniversario pasará
a la historia de este joven, batallador y revolucionario municipal,
que es La Lisa, y estamos seguros que también para los habitantes de
Láncara, como muestra de la capacidad de dos pueblos decididos a unir
sus esfuerzos en pos de la hermandad, la cooperación, la solidaridad y
la paz, tan necesarias para la humanidad de hoy.
El hermanarnos con Láncara constituye, además, un orgullo para
cualquier liseño, si tenemos en cuenta que se trata del municipio de
donde es oriunda la familia paternal del líder que ha guiado
victoriosamente los destinos de una Revolución que este año cumplió su
45 Aniversario.
Si nuestro Comandante en Jefe en algún momento reconoció que, quizás,
sus genes revolucionarios vinieron de sus antepasados, campesinos
explotados de Galicia, nosotros podemos asegurar que los nuestros han
estado inyectados de su ejemplo y conducta intachable, y quién sabe,
si también por esa vía, es que nos unen lazos indestructibles con el
hermano pueblo de Láncara, que hoy nos honra en convertirse en parte
de la familia de este municipio.
No se puede asegurar que La Lisa tenga antecedentes vinculados
directamente a ese territorio, aunque hay coincidencias que patentizan
esa unidad.
Somos una localidad que al igual que el municipio de Láncara, a partir
de la segunda mitad del siglo XIX, comienza a tener un papel
preponderante en el desarrollo de sus pobladores; contamos con una
carretera nacional que atraviesa nuestro municipio y hay otra de gran
importancia para la provincia que nos une con el oeste del país, que
pudieran recordarle a ustedes las carreteras nacionales VI de Madrid a
A Coruña y las de Lugo a Orense; tenemos un puente quizás no tan bello
con el de Carracedo, pero tan emblemático para nosotros como es el
puente de Arango, más conocido por el de La Lisa; y aunque
porcentualmente no somos un municipio agrícola, pues la Revolución se
encargó de desarrollar la industria y la actividad científica, a nivel
provincial tenemos un peso importante en esta actividad, como lo
tienen ustedes de Lugo .
Eso sólo por citar algunos ejemplos.

Pero más allá de las coincidencias, incluso de la geografía y la
propia historia, lo que más nos une es el espíritu solidario y de
hermandad y la voluntad de lucha que caracterizan a nuestros pueblos,
que se multiplicarán en aras de la amistad y el intercambio mutuos.
El compromiso que en el día de hoy han sellado La Lisa y Láncara,
contribuirá, también, a vencer la batalla de todo un pueblo contra el
criminal bloqueo norteamericano que dura ya más de cuatro décadas y
servirá de acicate y aliento en la lucha y resistencia de cinco héroes
cubanos priostes del imperio, por defender la paz y la hermandad entre
los pueblos.
Si realmente, como su nombre indica, Láncara significa “permanecer”,
pueden estar seguros que su pueblo permanecerá en el corazón de todos
los liseños, como nosotros viviremos en sus corazones.
Muchas gracias”.
Por parte do Sr. Alcalde quere manifestar que é unha boa data para
recordar este hermanamento, xa que polas noticias dos medios de
comunicación de onte parece que o Presidente de Estados Unidos e o
Presidente de Cuba están dispostos a establecer comunicacións para
desbloquear o aislamentos de fai mais de cincuenta anos.
Por parte do Concelleiro D. Dario A Piñeiro López, manifesta que el
considera que mentras en Cuba non axa democracia con esa xente non se
debe falar , polo que esta en contra de calque viaxe a Cuba e de
calquer hermanamento.
O Pleno por unanimidade, dase por enterado do comunicado.
12º.-FACTURA ELECTRONICA PARA O ANO 2015.
Este punto non se trata xa que coincide exactamente co punto nº 7
desta orden do día, que xa foi tratado.
DECLARACIÓN DE URXENCIA:
Previa especial declaración de urxencia, feita co voto favorable da
maioría absoluta do número legal de membros que integran a
Corporación, prevista no artigo 82.3 do Regulamento de Organización,
Funcionamento e Réxime Xurídico das Corporacións Locais e artigo 213
da Lei 5/1997, Lei 22 de xullo de Administración Local de Galicia, por
votar a favor de dita declaración os dez Concelleiros que asistiron á
sesión, dos 11 que a compoñen.
CONSELLEIRO DE CULTURA E DEPORTES, GASTOS CULTURA ANO 2014 E
ACTIVIDADES CULTURAIS ANO 2015.
Vista a relación de gastos presentados polo Concelleiro de Cultura,
correspondente ao ano 2014:
1º trimestre………………………………….6.088,58 €
2º trimestre …………………………………3.527,04 €
3º trimestre………………………………….9.244,29 €

4º trimestre………………………………….3.069,09 €
TOTAL GASTOS…………………………21.929,00 €
TOTAL GASTOS 21.929,00-4.196,46)…..17.732,54 €
Subvencións:
-Deputación: Ximnasia rítmica e patinaxe: 800,00 €
-Deputación: Festa da Xuventude: 900,00 €
-Xunta: Actividades Omix (ximnasia rítmica, verán Campus):2.496,46 €
Total subvencións: 4.196,46 €
E vista a programación para o ano 2015, cun orzamento de 17.626,35 €.
O Pleno por unanimidade,
ACORDOU:
1º.-Prestar aprobación as contas correspondentes ao ano 2014.
2º.-Pretar aprobación a actividade para o ano 2015.
OFERTA DE PRESENTACIÓN DE SERVIZOS QUE REALIZA A UNIVERSIDADE DE
SANTIAGO DE COMPOSTELA, SOBRE AXUSTES NOS VIAIS EN VARIOS NÚCLEOS DO
CONCELLO DE LÁNCARA, ASÍ COMO A CORRECCIÓN DALGUNHA FICHA DE CATÁLOGO
DE PATRIMONIO, NO MARCO DO PXOM.
Vista a oferta económica presentada por Dª Mª Dolores Vega Fernández,
Oficina de Investigación e Tecnoloxía da USC, para axustes nos viais
en varios núcleos do Concello, así como a corrección dalgunha ficha do
catálogo de patrimonio, período de realización 15 de decembro de 2014
a 15 de xuño de 2015, investigador responsable prof. D. David Miranda
Barros, por importe de 14.817,30 € mais IVE., facturación :
Primeira fase : aceptación do traballo 50% (7.408,65 €+ IVE)
Segunda fase: entrega no Concello da documentación coas correccións
para remitir á Xunta, 30% (4.445,19€ + IVE)
Terceira fase:Validación da Secretaría Xeral de Urbanismo, 20%
(2.963,46 € + IVE).
Traballo a desenvolver: xutificación, obxectivos e cronograma
Toma a palabra o Concelleiro D. Pablo Rivera Capón, manifestando que
se vai dar cobertura a tódolos erros que se detecten dende agora ata
xuño, aclarando o Secretario que se tramita só por vía de erros non
por modificacións.

Por parte do Sr. Alcalde concedelle a palabra o técnico redactor do
PXOM, para que faga as oportunas explicacións, considerando que hai
erros imputables os redactores, donde se puxo unha capela e é unha
palleira , traballos que se fixeron como consecuencia das
modificacións da lei , etc. traballos que non estaban contemplados no
Prego e que se trata de traballos extra que pedimos reivindicalos, que
xa pasaron 17 meses e que todo esta igual, polo que presentan unha
proposta.
Polo Sr. Alcalde manifesta que non está en contra de pagar ou non, que
solo quere que o pago sexa legal ,que non nos cree problemas, que
informe o Sr. Secretario si é legal ou non, agora que todos estamos
equí, todos debemos tomar parte.
Polo Sr. Secretario informase que ten moitas dúbidas que o problema
mais gordo son os tempos o 22-02-14 aprobase definitivamente o plan
xeral a Dirección Xeral de Urbanísmo pide un texto refundido que en
principio habería que interpretalo como algo que estaba dentro do
contrato, e que por parte do equipo redactor non puxo de manifesto que
esto supoñia un gasto adicional, presentando logo unha proposta
económica por parte dos redactores deste gasto, polo que hai un
problema administrativo, para poder afrontar este pago.
Por parte do Concelleiro Pablo Rivera Capón pon de manifesto que
fixeron un traballo que non se lles pagou, pero como pagas ese
traballo si non hai compromiso de gasto, nin autorización de gasto o
traballo está feito, podese verificar , que ninguen pon en dúbida ,
estou convencido de que fixestes todo.
Piden a palabra os técnicos redactores do proxecto dando unha amplia
explicación, recoñecendo que si pode haber un problema administrativo,
quizas debido a que a documentación se debía facer contra reloxio
polos prazos que se daban.
O Pleno , por unanimidade,
ACORDOU:
Dexiar o asunto sobre a mesa para un mellor estudo, facendo unha
consulta os servizos de contratación da Deputación e os servizos
xurídicos da Deputación.
13º-ROGOS E PREGUNTAS.
Non se formularon.
E non habendo máis asuntos que tratar dáse por rematada a sesión por
orde do Sr. Alcalde, sendo as trece horas cinco minutos, estendéndose
a presente acta que como Secretario, certifico.

  • DATA DIRECTOR LOGIN INFORMATION WEBSITE WWWACHIEVEDATACOMESUHSD USER NAME LAST
  • HUM 4001 LOGIC AND REASONING IN SOCIOETHICAL ISSUES ARGUMENT
  • TWINNING PROJECT FICHE 1 BASIC INFORMATION 11 PROGRAMME IPA
  • 8TH INTERNATIONAL CONFERENCE ON GREEN AND SUSTAINABLE INNOVATION (ICGSI)
  • ZAŁĄCZNIK NR 1 DO UCHWAŁY ZARZĄDU NR 6X2020 Z
  • 5 LEY DE REORGANIZACIÓN DEL SECTOR PUBLICO PROVINCIAL
  • FOR GOOGLE CHROME BROWSER A PRESS CTRL AND H
  • MAKE A WAY CPA BOYS INITIAL CLOTHING INVENTORY
  • LINEE GUIDA PER I REDATTORI SBA – MAGGIO 2009
  • GUSTAVA KRKLECA 2 EMAIL DVIZVORSAMOBORGMAILCOM TEL 3362033 DATUM
  • RESOLUCIÓN NO SGDSCG12010 AB SUAD MANSSUR VILLAGRÁN SUPERINTENDENTA DE
  • EN LA INAUGURACIÓN DE LA VARIANTE DE SANET Y
  • ATTACHMENT 1 VENDOR CONTRACT 0000002167 06262007 THROUGH 06252011 AUTO
  • ANOTHER LAW SCHOOL COURSE OUTLINE BROUGHT TO YOU BY
  • DEPARTMENT OF ENGLISH UNIVERSITY OF NORTH ALABAMA EN 699
  • ACTIVIDADES LOS PILARES DEL ISLAM 4 RECTÁNGULO REDONDEADO EL
  • COLLOCATIONS 51 ANALYSIS OF COLLOCATION [51] AISENSTADT E (1981)
  • EXCMO AYUNTAMIENTO DE CALATAYUD ÁREA DE FESTEJOS CONCURSO DE
  • READING MINILESSON PLANS WEEK MARCH 2529 STANDARDS RL210 BY
  • GUIDELINES FOR FACULTY AND PROFESSIONAL CONSULTING AGREEMENTS POLICIES THE
  • NAME DATE PERIOD FASHION STRATEGIES COMPETENCY TEST
  • Mobile Phone Etiquette Teachers Guide Overview do you
  • DDÑA ……………………………… SECRETARIOA DEL PATRONATO DE LA ……………………………………… (DENOMINACIÓN
  • SAKASHITA PET HOTEL 0345678901 東京都東区飛空丘水島台133 〜年中無休営業〜 SAKASHITA PET HOTEL
  • 1 FORESTRY WOODLAND ADVISORY COMMITTEE MEMBER 1 EXPRESSION OF
  • HTTPWWWLATIMESCOMLOCALLAME0823RACEPROGRESSGAP2013082301669385STORY HAVE WE ACHIEVED RACIAL EQUALITY? WHITES SAY YES
  • MEINE LETZTEN LEBENSWÜNSCHE HINWEISE FÜR DIE HINTERBLIEBENEN VERTRAULICHE ANGABEN
  • PERSONTALL I FORSAMLINGSLOKALET STED BEREGNING AV PERSONTALL REN
  • 4 DEPARTMENT OF HEALTH RADIATION CONTROL PRIVATE BAG X62
  • !DOCTYPE HTML HTML HEAD ! GOOGLE TAG MANAGER