anteproxecto de decreto /2021, do .... de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal fu


ANTEPROXECTO DE DECRETO /2021, do .... de marzo, polo que se aproba a
oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal
funcionario dos corpos docentes que imparten as ensinanzas reguladas
na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, da Comunidade
Autónoma de Galicia para o ano 2021.
O artigo 48 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de
Galicia, establece que as necesidades de recursos humanos con
asignación orzamentaria que non poidan ser cubertas cos efectivos de
persoal existentes serán obxecto de oferta de emprego público.
O artigo 12.un da Lei 3/2021, do 28 de xaneiro, de orzamentos xerais
da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021 prevé que durante o
ano 2021 só se poderá proceder no sector público delimitado no artigo
11, e no marco do disposto ao respecto na lexislación básica estatal,
á incorporación de novo persoal con suxeición aos límites e requisitos
establecidos na normativa básica que se estableza ao respecto, e en
particular no referente á taxa de reposición de efectivos respectando,
en todo caso, as dispoñibilidades orzamentarias do capítulo dos
correspondentes orzamentos de gastos.
O artigo 19.Un.1 da Lei 11/2020, do 30 de decembro, de orzamentos
xerais do Estado para o ano 2021 establece que a incorporación de
persoal de novo ingreso cunha relación indefinida no sector público, a
excepción dos órganos contemplados no apartado Un.e) do artigo
anterior, regularase polos criterios subliñados neste artigo e
suxeitarase a unha taxa de reposición de efectivos do 110 por cento
nos sectores prioritarios e do 100 por cen nos demais sectores.
No apartado 3.A) do mesmo artigo 19 a Lei considera sectores
prioritarios para os efectos da taxa de reposición ás administracións
públicas con competencias educativas para o desenvolvemento da Lei
orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en relación coa
determinación do número de prazas para o acceso aos corpos de
funcionarios docentes.
Polo anterior, tendo en conta a planificación educativa e a taxa de
reposición a que se fixo referencia no parágrafo anterior, cómpre a
aprobación da oferta de emprego público relativa aos corpos docentes
que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de
maio, de educación.
Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e
Universidade no exercicio da facultade outorgada polo artigo 34 da Lei
1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e a súa
Presidencia, e de conformidade co establecido no artigo 13.2.g) da Lei
2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, logo da
deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día
...... marzo de dous mil vinte e un
DISPOÑO:
Artigo 1. Aprobación da oferta de emprego público dos corpos docentes
Apróbase a oferta de emprego público correspondente aos corpos
docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006,
do 3 de maio, de educación, da Comunidade Autónoma de Galicia para o
ano 2021.
Artigo 2. Cuantificación da oferta de emprego público relativa á taxa
de reposición
O número de prazas que se convocan nesta oferta de emprego público
relativas á taxa de reposición é de 1.372
Artigo 3. Cuantificación da oferta de emprego público relativa á taxa
de reposición distribuída por corpos
Corpo de mestres: 652
Corpo de profesores de ensino secundario: 692
Corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas: 20
Corpo de profesores de artes plásticas e deseño: 8
.
Artigo 4. Prazas de promoción interna
Ademais das prazas de reposición de efectivos ás que se fai referencia
nos artigos 2 e 3 deste decreto, ofertaranse as seguintes prazas de
promoción interna:
Acceso ao corpo de profesores de ensino secundario: 230
Acceso ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño: 2
Artigo 5. Reserva para persoas con discapacidade
Do total de prazas ofertadas para ingreso e acceso reservarase unha
cota do 7% do conxunto delas para seren cubertas por persoas cun grao
de discapacidade igual ou superior ao 33%. A distribución da dita
reserva por especialidades efectuarase na convocatoria das probas
selectivas. No suposto de que algunha persoa aspirante con
discapacidade que se presentase pola quenda de reserva superase a
proba e non obtivese praza na citada quenda, sendo a súa puntuación
superior á obtida por outro persoal aspirante do sistema de ingreso ou
de acceso, será incluído ou incluída pola súa orde de puntuación no
sistema que proceda.
Artigo 6. Admisión de persoas con discapacidade
1. Nas probas selectivas para o acceso ás prazas ofertadas serán
admitidas as persoas con discapacidade en igualdade de condicións cos
demais aspirantes.
As convocatorias non establecerán exclusións por limitacións físicas
ou psíquicas, sen prexuízo das incompatibilidades co desempeño das
tarefas ou funcións correspondentes.
2. Nas probas selectivas establecerase, para as persoas con
discapacidade que o soliciten, as adaptacións de tempo e medios para a
súa realización. Nas convocatorias indicarase claramente esta
posibilidade, así como que o persoal interesado deberá formular a
petición concreta na correspondente solicitude de participación.
Para tal efecto, os tribunais de selección poderán requirir informe e,
se é o caso, a colaboración dos órganos técnicos da Administración
competente.
Artigo 7. Acumulación das prazas
1.
As prazas que, se é o caso, queden vacantes da quenda de
discapacidade polo sistema de ingreso libre acumularanse ás
convocadas no dito sistema, na correspondente especialidade.
2.
As prazas que, se é o caso, queden vacantes da quenda de
discapacidade polo sistema de acceso acumularanse ás prazas
convocadas polo dito sistema, cando sexa o caso, na correspondente
especialidade.
3.
As prazas que, se é o caso, quedan vacantes dos sistemas de acceso
non se acumularán as prazas do sistema de ingreso libre.
Artigo 8. Non superación do número máximo de prazas convocadas
Os tribunais non poderán declarar que superaron as fases de oposición
e concurso un número superior ao de prazas que lle sexan asignadas. A
Consellería de Cultura, Educación e Universidade, se fose o caso, a
través da estimación de recursos, non poderá declarar que superaron as
fases de oposición e concurso polo sistema de ingreso libre, un número
superior ao conxunto de prazas convocadas relativas a taxa de
reposición.
Artigo 9. Presentación electrónica das solicitudes
As solicitudes de participación nos procedementos selectivos
presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede
electrónica da Xunta de Galicia.
Disposición adicional única. Adquisición doutra especialidade
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade poderá, ademais,
convocar o procedemento para que os funcionarios docentes de carreira
que dependan directamente dela poidan acadar unha nova especialidade
dentro do corpo ao que pertencen.
Disposición derradeira primeira. Autorización de desenvolvemento
Facúltase a conselleira de Cultura, Educación e Universidade para
ditar, dentro das súas competencias, as normas precisas para o
desenvolvemento deste decreto.
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor
Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no
Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, a ...................de marzo de 2021
O PRESIDENTE
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación,e Universidade
6

  • JAK PROFESJONALNIE PISAĆ TEKSTY W EDYTORACH TEKSTU? NA JAKIE
  • STC 1961997 SOBRE PROPIEDAD INTELECTUAL DOCTRINA DEL TC STC
  • ……………………………………… (IMIĘ I NAZWISKO) ……………………………………… ……………………………………… (ADRES I NR
  • 3 AKADEMIA WYCHOWANIA FIZYCZNEGO IM EUGENIUSZA PIASECKIEGO W POZNANIU
  • DOCTRINA DEL TC EN MATERIA DE PROPIEDAD INDUSTRIAL NORMATIVA
  • VOZLI NAJBOLJ POMEMBNO JE DA ZNAMO VOZLE IZDELATI
  • March%2013
  • VERSIÓN AGENTES PROGRAMA DE ACTUALIZACION DE GESTION ADUANERA PARA
  • KDO MÁ NÁROK NA PRŮKAZ? ZDRAVOTNÍ POSTIŽENÍ PŘI KTERÝCH
  • REHABILITATION OF TEHRI DAM AND LESSONS LEARNT BY SCSHARMA
  • SGDI 645 23 DE JULIO DE 2004 194 EUCAN
  • 504 FOR CHILD’S NAME SCHOOL YEAR SCHOOL YEAR JUVENILE
  • ………………………………………… PORADNIA PSYCHOLOGICZNOPEDAGOGICZNA (IMIONA I NAZWISKA WNIOSKODAWCÓW) …………………………………………… …………………………………………
  • Viernes 2 de Febrero de 2007 Diario Oficial (primera
  • NEW NEU NOUVEAUTÉS NEW NEU NOUVEAUTÉS NEW NEU NOUVEAUTÉS
  • CRITERIS DE CORRECCIÓ DE L’ÀREA DE COMPRENSIÓ (10) LES
  • ANÁLISIS DE LA FADSP SOBRE EL INFORME DE PWC
  • PROJETO DE TRABALHO TÉCNICO SOCIAL TRABALHO TÉCNICO SOCIAL
  • FROM (YOUR EMAIL ADDRESS) TO (ADDRESSEE) DATE DATETIME SUBJECT
  • PROJETO DE LEI NO 452019 AUTORIZA REGULARIZAÇÃO SOB CONDIÇÕES
  • 0 MEMORANDO FECHA 9 DE DICIEMBRE DE
  • CADENA C– 3111 FECHA 150811 ADEEPRA
  • LAS MUJERES Y EL PREMIO NOBEL ¿SE DA SUFICIENTE
  • “LIETUVOS PAŠTAS” INVOICE DATE PLACE (THE
  • P R I L O G 2 OBRAZAC ZA
  • TEMAS DESARROLLADOS EN CLASE DE ESTRUCTURA REGIONAL DEL MUNDO
  • MANUAL DE USO DE LAS PANTALLAS MANUAL DE USO
  • NO REIR LAS GRACIAS SOBRE OTROS ΜῊ ἘΠΙΓΕΛΑ͂Ν1 ΤΩ͂Ι
  • EVEREST 1 WHY IS EVEREST REFERRED TO AS THE
  • PROJETO PARADAS SONORAS O PROJETO PARADAS SONORAS A PARTIR