convenio específico de cotutela internacional de tese de doutoramento entre a universidade__________________ e a universidad da coruña


CONVENIO ESPECÍFICO DE COTUTELA INTERNACIONAL DE TESE DE DOUTORAMENTO
ENTRE A UNIVERSIDADE__________________
E A UNIVERSIDAD DA CORUÑA
En _______________e na Coruña, a ____ de ____________ de 20__
REUNIDOS
Dunha banda, D./a. _____________________________, Reitor/a Magnífico/a
da ________________________________________, a partir deste momento
_______, nomeado/a por _____________________________
E da outra, D. Julio Ernesto Abalde Alonso, Reitor Magnífico da
Universidade da Coruña, a partir deste momento UDC, en uso das
facultades que lle confire o artigo 36 dos Estatutos da UDC, aprobados
polo Decreto 101/2004, do 13 de maio da Xunta de Galicia, e
modificados polo Decreto 194/2007 de 11 de outubro.
Á VISTA DE
Pola parte ____________________________________
Lexislación pola que se regula______________________
E pola parte española:
*
Real decreto, 1393/2007 do 29 de outubro, polo que se regulan os
estudos universitarios oficiais de posgrao.
*
Real Decreto 1002/2010, do 5 de agosto, sobre expedición de
títulos universitarios oficiais.
*
Real decreto 99/2011 do 28 de xaneiro, polo que se regulan as
ensinanzas oficiais de doutoramento.
*
Real Decreto 195/2016, de 13 de maio, polo que se establecen os
requisitos para a expedición do Suplemento Europeo ao Título
Universitario de Doutor/a.
*
Estatutos da Universidade da Coruña. Aprobados por Decreto
101/2004 do 13 de maio (DOG do 26 de maio) e modificados por
Decreto 194/2007, do 11 de outubro (DOG do 17 de outubro).
*
Regulamento de estudos de doutoramento da Universidade da Coruña.
EXPOÑEN
Que, con carácter xeral, ás dúas universidades interésalles promover e
desenvolver a cooperación científica entre os seus respectivos equipos
de investigación, así como favorecer a mobilidade dos seus estudantes
de doutoramento.
E que, con estes fins, ás dúas universidades interésalles formalizar
un procedemento de cotutela internacional para a tese de doutoramento
do/a Sr/a. _______________________________________, con documento de
identidade _____________ de nacionalidade ___________ a partir deste
momento denominado/a o/a doutorando/a, que se realizará baixo a
responsabilidade conxunta das dúas institucións de acordo coas
seguintes
CLÁUSULAS
Primeira.
O/A doutorando/a realizará a tese de doutoramento:
"________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________":
Na ________, no marco do programa de doutoramento
"_____________________________", conducente ao título de
"________________________________________".
Na UDC, no marco do programa de doutoramento
"_________________________________________________", conducente ao
título de "Doutor/a pola Universidade da Coruña".
A tese desenvolvida en cotutela internacional dará lugar a unha única
defensa nunha das dúas universidades signatarias.
Segunda.
O/A doutorando/a realizará os seus estudos de doutoramento baixo o
control e a responsabilidade de directores/as das dúas universidades.
Os/As directores/as serán:
Por parte da _____, o/a profesor/a
doutor/a_______________________________________.
Por parte da UDC, o/a profesor/a
doutor/a________________________________________.
Cada un/unha dos/as directores/as cumpre os requisitos impostos pola
normativa vixente na súa correspondente universidade para actuar como
titor/a e como director/a da tese de doutoramento.
No caso de cambio na dirección da tese, seguirase o procedemento
establecido na universidade correspondente. O cambio de director/a
deberá comunicárselle á outra universidade.
Terceira.
En cada unha das dúas universidades seguiranse as correspondentes
formalidades de admisión e aprobación do traballo de investigación.
Mentres estiver en vigor a cotutela, o doutorando formalizará a
matrícula no período de tese en ambas as institucións en cada curso
académico, mais con dispensa de pagamento naquela en que non vaia ser
defendida a tese.
Cuarta.
A preparación da tese en cotutela terá unha duración máxima desde a
sinatura do presente convenio ata a finalización dos trámites
correspondentes para a obtención do título de doutor/a ou até a
finalización do período máximo de duración da tese segundo o
establecido nas normativas de ambas universidades.
O tempo de estadía mínimo nunha das dúas institucións non será
inferior a seis meses, de modo que se completará o período restante na
outra. A estadía poderá ser realizada dunha soa vez ou en varios
períodos.
Quinta.
A defensa da tese será única, terá lugar na __________ (especifíquese
en cal das dúas universidades) e deberanse respectar as lexislacións
vixentes para a defensa en ambas as institucións.
Sexta.
A tese de doutoramento será redactada en lingua ____________. O
doutorando deberá presentar na _____ un resumo en idioma ____________
(no seu caso) e na UDC un resumo en galego ou en castelán (se a tese
non está escrita nunha destas dúas linguas). No resumo incluirase
necesariamente unha introdución, unha descrición da metodoloxía
utilizada, as conclusións da tese e as achegas máis relevantes desta,
e terá unha extensión de 3000 palabras mínimo.
Sétima.
As modalidades de depósito, descrición e reprodución desta tese son as
reguladas polas normativas vixentes en cada país.
Oitava.
O tribunal de lectura da tese será proposto de común acordo entre as
dúas institucións e a súa composición atenderá á lexislación sobre
tribunais vixente no estado a que pertence a institución en que se
defende a tese. Na proposta deberá figurar, cando menos, un
representante de cada institución. O tribunal designarase pola
universidade donde vaia lerse a tese de doutoramento.
O financiamento dos gastos do profesorado estranxeiro que forme parte
do tribunal será responsabilidade da universidade onde se realice o
acto de lectura.
Novena.
A Universidade _____________(na que tivo lugar a defensa) será a
encargada da expedición do título coa dilixencia de tese en réxime de
cotutela coa Universidade _______(a outra institución implicada)
Despois do acto de defensa da tese, elaborarase unha acta en que se
especifiquen os termos da cotutela, (institucións participantes e a
data da sinatura do convenio específico) e o/a secretario/a do
tribunal certificará que no tribunal participa algún membro da outra
institución.
A Universidade _____________(na que tivo lugar a defensa) comprométese
no prazo de 30 días que contará a partir do rexistro do título na súa
institución a enviarlle á __________(a outra institución implicada)
unha certificación en que consten os seguintes datos: nome, documento
de identificación, título da tese, directores, data de lectura,
cualificación, composición do tribunal e denominación do título.
(Elixir un parágrafo dos seguintes segundo o caso)
No caso da expedición do título na UDC, no anverso do título de
Doutor/a farase constar unha dilixencia co seguinte texto: “Tese en
réxime de cotutela coa Universidade Uˮ.
No caso da expedición do título na _______(a outra institución
implicada), unha vez recibida a certificación correspondente, o
servizo competente da UDC procederá ao asento no libro de rexistro de
teses de doutoramento en cotutela internacional lidas noutras
institucións.
Décima.
Este convenio individual de cotutela quedará sen efectos se o/a
doutorando/a incumpre algunha das condicións estipuladas neste ou
cando, a xuízo dos/as codirectores/as, non se desenvolvan
satisfactoriamente os traballos preparatorios da tese.
Décimo primeira.
A publicación, explotación e protección dos resultados da
investigación realizada serán aseguradas polas dúas institucións,
segundo os procedementos específicos de cada país.
Décimo segunda.
A sinatura do convenio de cotutela non implica a obriga de facer
fronte a ningún gasto extraordinario por parte de ningunha das dúas
universidades, salvo os estipulados na cláusula oitava deste convenio.
Décimo terceira.
O presente acordo entrará en vigor no momento da súa sinatura, e terá
vixencia de acordo co establecido na cláusula cuarta deste convenio.
E como proba de conformidade, asinamos este documento, que consta de
catro follas, por duplicado (todos os exemplares), en galego
e.....(lingua ou linguas en que se reproduce o documento), e para un
só efecto no lugar e a data que a seguir se indican.
_______________ e A Coruña, ____ de___________ de 20__
Asdo.: Dr./a. ___________________________
Reitor/a da ____________________________
Asdo.: Dr. Julio Ernesto Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña
Asdo.: Dr./a. ___________________________
Director/a da tese pola ___________________
Asdo.: Dr./a. _____________________________
Director/a da tese pola UDC ________________
Asdo.: D./a. ____________________________
Doutorando/a

  • ESCUELA SUPERIOR POLITÉCNICA DEL LITORAL INSTITUTO DE CIENCIAS MATEMÁTICAS
  • INFORMATION PRINCIPLES TABLE OF CONTENTS WHY THIS DOCUMENT IS
  • SELBY DISTRICT COUNCIL MINUTES OF THE PROCEEDINGS OF A
  • 8 LOKALNE VOLITVE 2014 INSTRUKTIVNI OBRAZEC LV12 ZAPISNIK –
  • Curriculum Vitae Alireza Bakhshipourmd Associate Professor of Medicine Gastroenterologist
  • RESOURCE SHEET 7D TIROTIRO WHENUA TUHIA MAI NGĀ
  • JUSTIÇA DO TRABALHO QUEM GANHA E QUEM PERDE? ARI
  • ORACIONES SIMPLES I CLASIFICACIÓN EN BASE A LA ACTITUD
  • 8 OSBÜK BAŞKANI BÜLENT KOŞMAZ’IN “OSBÜK KONYA BÖLGE TOPLANTISI”
  • EFRAG DRAFT INTERPRETATION D15 REASSESSMENT OF EMBEDDED DERIVATIVES 20
  • DIVERSIDAD CULTURAL Y ESCUELA REPENSAR EL MULTICULTURALISMO LILIANA SINISI
  • PNM CLOT DE LA MARE DE DÉU (BURRIANA) OBJETIVO
  • EXEMPT ISSUER STATE DEBT NOTICE OF INTENT TEXAS
  • THÈME MA FAMILLE ET MOI RASSEMBLEMENT LORS DU
  • DEBIDO A QUE SE ENTREGARÁ MATERIAL A LOS ASISTENTES
  • UAFHÆNGIGE SCENEKUNSTNERE ER EN NY ORGANISATION SOM ØNSKER
  • ÁRPÁS KÁROLY TŰNŐDÉSEK VÉLEKEDÉSEK ÁRPÁS KÁROLY TŰNŐDÉSEK VÉLEKEDÉSEK MADÁCH
  • KRIKŠČIONYBĖS ISTORIJA DR AUŠRA PAŽĖRAITĖ PRELIMINARŪS KLAUSIMAI EGZAMINUI 1
  • 17 TITLE A TOOLBOX FOR WORKING WITH LIVING INVERTEBRATES
  • 8 PL170627 LOCAL PLANNING APPEAL TRIBUNAL TRIBUNAL D’APPEL DE
  • TEMA 3 DERECHO CIVIL LA CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA COMO NORMA
  • DIBAF DIPARTIMENTO PER LA INNOVAZIONE NEI SISTEMI BIOLOGICI AGROALIMENTARI
  • INTERNET SAFETY LETTER CDE T07079 ENGLISH ARIAL FONT PAGE
  • 82304 INSPECTION MEMORANDUM TO EDWARD MCPHERSON UNDER SECRETARY
  •         
  • THE SECURITIES INVESTMENT TRUST & CONSULTING ASSOCIATION GUIDELINES GOVERNING
  • MẪU SỐ 02LPTB (BAN HÀNH KÈM THEO NGHỊ ĐỊNH
  • BOLETÍN Nº1 EJERCICIOS T1Y T2 1 TENEMOS 1000
  • TABLE S1 YEAST STRAINS STRAIN BACKGROUND RELEVANT GENOTYPE AGGREGATION
  • SUGGESTIONS FOR USING A41 A42 SPREADSHEET