memoria do proxecto experimental en materia de emprego “crear v” concellaría de promoción económica e emprego concello de santiago de comp

MEMORIA DO PROXECTO EXPERIMENTAL EN MATERIA DE EMPREGO “CREAR V”
Concellaría de promoción económica e emprego
CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
MAIO 2009
INTRODUCIÓN

O Proxecto Crear V, como proxecto experimental de orientación e
inserción laboral, senta as bases da Central de Recursos para o
Emprego do Concello de Santiago e incide na dinamización dentro do
mercado laboral da cidade; ao mesmo tempo permite á Concellaría de
Promoción Económica e Emprego, asumir labores de intermediación
laboral directa co tecido empresarial da comarca e propiciar a
xeración de novos recursos de formación e orientación coma
instrumentos de mellora da empregabilidade.
Este proxecto diferenciase polo seu elaborado e personalizado proceso,
que se caracteriza polo seguintes apartados:
*
Contacto e acollida da poboación destinataria do proxecto.
*
Coñecemento dos/as participantes a través dun proceso inicial de
orientación laboral, elaborado a través dunha entrevista
ocupacional en profundidade, dunha sesión grupal de titoría e unha
entrevista de información e achegamento ao seu diagnóstico
ocupacional.
*
Concreción dos itinerarios personalizados de inserción,
recolocación cunha definición clara do perfil profesional.
*
Desenvolvemento de obradoiros formativos a carta, orientados a
mellorar as habilidades e posibilidades de empregabilidade
*
Achegamento a empresa con posta en marcha de prácticas
ocupacionais e profesionais
*
Sensibilizar e implicar ó tecido empresarial.
*
Colaboración cos axentes sociais e recursos polo emprego da
cidade.
*
Observación e análise do mercado de traballo local.
*
Busca de ofertas axeitadas ós perfís existentes no Proxecto Crear.
*
Apoio, seguimento e asesoramento persoal e grupal no proceso de
busca de emprego, na mellora laboral ou no mantemento do posto de
traballo.

DESCRIPCIÓN DO PROXECTO

O proxecto experimental en materia de emprego Crear V establece a base
da súa intervención en Itinerarios Individualizados de Inserción e
todas as actuacións levadas a cabo, artíllanse en torno a esta
modalidade de traballo. Esta perspectiva é útil e eficaz para todo
tipo de demandantes de emprego, xa que realizan unha labor máis
acentuada con aqueles que se atopan en situación de vulnerabilidade ou
exclusión social, cultural, laboral…
Os itinerarios individualizados de inserción que se confeccionaron
para cada un dos/as participantes do proxecto incorporan tres
elementos considerados transversais, xa que están presentes ó longo de
todo o proceso:
*
A orientación para a identificación e xestión individual das
capacidades e recursos persoais e profesionais.
*
A formación específica e polivalente como parte destacada do
proceso.
*
Acompañamento e asesoramento na inserción e promoción de
habilidades para a empregabilidade.
Estes itinerarios por estar dentro dunha dinámica de “proceso” foron
planificados e sistematizados, incluíndo todos aqueles aspectos
fundamentais referidos o participante de maneira progresiva obtendo un
ritmo axeitado de actuacións, preferentemente semanais, para garantir
a continuidade das mesmas.
O proceso de inserción distingue diferentes fases que a través da
formación, a práctica laboral en empresas, o asesoramento e a
orientación, sempre dende o acompañamento, tenderon a procurar a
reincorporación ou inserción dentro do mercado de traballo. Estas
fases estaban ben diferenciadas e establecidas polos/as participantes
en función das súas necesidades, particularidades, acontecementos e
accións que puxeron de manifesto o seu progreso persoal. Cada fase
supuxo unha maior implicación que se constata en accións concretas,
tanto para cada persoa como para o grupo xeral dos/as participantes do
proxecto.
Este proceso personalizado abrangueu todas as dimensións persoais e
profesionais dos/as participantes que podería afectar a súa
empregabilidade, partindo do coñecemento sociolaboral (mediante un
diagnóstico sociolaboral e ocupacional) encamiñándoo cara unha madurez
laboral cada vez maior (cun itinerario persoal de inserción) que o
habilitase para a integración e inserción laboral.
Para unha elaboración consensuada e unha posta en marcha real destes
itinerarios personalizados fíxose necesario lograr o compromiso e a
implicación directa do/a participante; partindo da súa situación
persoal para establecer o seus obxectivos a curto e medio prazo,
asentados nas súas características tanto sociolaborais e profesionais
analizadas no diagnóstico ocupacional previo.
Esta metodoloxía de traballo baseada na elaboración e execución de
Itinerarios Personalizados de Inserción foi un instrumento fundamental
e básico para o desenrolo do Proxecto xa que permitiu, partindo dunha
realidade, elaborar unha traxectoria de actuacións para conseguir a
reincorporación ou inserción dentro de mercado laboral dos/as
participantes.
2. ACOLLIDA E DECANTACIÓN DO COLECTIVO

Esta fase especifica cal vai a ser o grupo de participantes que
definitivamente vai desenvolver as accións de formación, mellora de
habilidades, prácticas profesionais (se é o caso), intermediación
laboral, orientación laboral e profesional...
O obxectivo, dentro desta fase, é poñer nas mans dos desempregados/as
convocados/as, información actualizada acerca da situación e das
demandas do mercado de traballo, no que destacan ós requirimentos que
deben cumprir para integrarse axeitadamente en calquera estrutura
produtiva; polo que pretendeuse que, unha vez analizados ditos
requirimentos, coñeceran os recursos que o Proxecto Crear V pon a súa
disposición para lograr dita integración, ademais de explicarlles o
desenvolvemento das accións para mellorar súas habilidades
sociolaborais para a ocupación e os diferentes métodos de busca activa
máis eficaces para a incorporación laboral.
A selección dos/as participantes do Proxecto Crear V, realizouse
mediante a realización de entrevistas directas e estruturas aos
seguintes grupos de demandantes:
*
Demandantes de emprego remitidos/as no seu momento polo Servizo
Público de Emprego, a través da Oficina de Emprego Santiago
Centro.
*
Demandantes remitidos/as dende os diferentes departamentos do
Concello de Santiago, entre eles Servizos Sociais.
*
Demandantes que viñeron por candidatura espontánea despois da
difusión nos medios de comunicación (radio, xornais locais e
comarcais) da posta en marcha do Proxecto.
Para atender directamente os demandantes e seleccionar aos
participantes do Proxecto Crear V estableceuse un calendario para
levar a cabo dita acción.
ENTREVISTAS DE SELECCIÓN REALIZADAS
Admitidos/as
75
Non Admitidos/as
357
Entrevistas Realizadas
432
2.1 CARACTERIZACIÓN DOS/AS PARTICIPANTES

As características dos/as candidatos/as a participar no proceso de
selección para o proxecto experimental de emprego, Proxecto Crear V,
atenderon en todo momento, a aqueles criterios marcados na Orde do 5
de decembro de 2007 reguladora dos proxectos experimentais en materia
de emprego, I Plan Integral de Emprego.
Para facilitar, organizar e optimizar esta selección elaborouse un
baremo baseado nos criterios da orde establecida para axustar os
perfís dos/as candidatos/as a participar no proxecto. Tomouse como
referencia a experiencia das anteriores edicións, valorando positiva
ou negativamente os diversos aspectos que incidiron no desenvolvemento
das accións levadas a cabo durante o proxecto anterior finalizado.
Estes criterios de selección fan referencia: á dispoñibilidade (tanto
horaria coma xeográfica), á percepción ou non de prestación social
(contributiva ou non contributiva), ao grao de motivación para o
emprego, á definición do seu perfil profesional, á participación en
accións formativas de longa duración (oposicións, mestrados,
postgraos, cursos FIP…) e outros de interese que non se recolleron
anteriormente e que serviron para poder analizar os perfís dos/as
participantes.
Polo que os/as candidatos/as seleccionados/as para participar no
Proxecto Crear V foron 75 participantes, todos eles elixidos en
función do baremo establecido.
O perfil xeral do grupo de participantes, incidiu no discorrer do
proxecto e nas accións a desenvolver polo equipo técnico de traballo.
Este grupo conta cas seguintes características principais que
especificamos, por unha bando, segundo a idade, o sexo e o seu nivel
de formación e por outra, en función da prestacións económicas que
perciben a consecuencia da súa situación de desemprego..
2.1.1 DISTRIBUCIÓN DOS/AS PARTICIPANTES EN FUNCIÓN DO SEXO

N
%
Mulleres
40
53,33
Homes
35
46,67
Total
75
100

Como se pode apreciar na gráfica a porcentaxe de mulleres
participantes (un 53,33%) supera o porcentaxe dos homes (un 46,67%),
sendo máis da metade do grupo. Con este dato observamos que comezase a
atisbar un incremento da incorporación da muller ao mercado laboral,
aínda que tamén denota unha maior presenza das mulleres no desemprego.
2.1.2 DISTRIBUCIÓN DOS/AS PARTICIPANTES EN FUNCIÓN DA IDADE

Mulleres
Homes
Total
N
%V
%H
N
%V
%H
N
%
16-19
1
2,5
100,0
0
-
-
1
1,3
20-24
3
7,5
50,0
3
8,6
50,0
6
8,0
25-34
24
60,0
54,5
20
57,1
45,5
44
58,7
35-44
8
20,0
44,4
10
28,6
55,6
18
24,0
45-54
4
10,0
66,7
2
5,7
33,3
6
8,0
55-64
0
-
-
0
-
-
0
-
TOTAL
40
100,0
53,3
35
100,0
46,7
75
100,0

Dos/as participantes do Proxecto Crear V unha grande maioría atópanse
entre os tramos de idade comprendidos entre 25/34 e 35/44 anos nos que
figuran un alto porcentaxe de mulleres. Como se pode apreciar na
gráfica os participantes que están comprendidos nos primeiros tramos
de idade (16/34 anos) representan un 65% mentres que nos seguintes
tramos (35/64 anos) representan un 32% restante.
2.1.3 DISTRIBUCIÓN DOS/AS PARTICIPANTES EN FUNCIÓN DA PROCEDENCIA

Mulleres
Homes
Total
N
%V
%H
N
%V
%H
N
%
SANTIAGO
36
90,0
52,2
32
91,4
88,9
69
92,0
COMARCA
4
10,0
66,7
3
8,6
75,0
6
8,0
TOTAL
40
100,0
53,3
35
100,0
87,5
75
100,0

Un número elevado de participantes do Proxecto Crear V teñen a súa
residencia habitual en Santiago de Compostela. Se visualizamos a
gráfica anterior observamos que un 92% dos participantes residen na
cidade de Santiago, destacando que son máis as mulleres, mentres que
soamente un 8% o fan na Comarca de Santiago (do que resalta o Concello
de Ames), sendo tamén superior o porcentaxe de mulleres.
2.1.4 DISTRIBUCIÓN DOS/AS PARTICIPANTES EN FUNCIÓN DA TITULACIÓN

Mulleres
Homes
Total
N
%V
%H
N
%V
%H
N
%
Doutoramento
-
-
-
-
-
-
-
Licenciatura
16
40,0
55,2
13
37,1
44,8
29
38,7
Diplomatura
2
5,0
40,0
3
8,6
60,0
5
6,7
Bacharelato
2
5,0
28,6
5
14,3
71,4
7
9,3
C. Sup / FPII
10
25,0
71,4
6
17,1
42,9
14
18,7
C.M / FPI
4
10,0
50,0
2
5,7
25,0
8
10,7
ESO
0
0,0
0,0
2
5,7
100,0
2
2,7
EXB
3
7,5
50,0
3
8,6
50,0
6
8,0
Est. primarios
3
7,5
75,0
1
2,9
25,0
4
5,3
Sen estudos
-
-
-
-
-
-
-
-
TOTAL
40
100,0
53,3
35
100,0
46,7
75
100,0

Dentro do grupo de participantes do Proxecto Crear V destacan o grupo
daqueles que posúe estudos superiores, cun total do 45,4% do total;
destacando tamén o grupo dos/as participantes que estudaron un Ciclo
Superior ou Medio ou FP1 – FP2 que conta cun total do 29,4%.
3.
MÉTODOS E INSTRUMENTOS DE TRABALLO

Unha vez foron seleccionados os/as participantes para o Proxecto Crear
V, comezaron as accións de orientación e asesoramento para a inserción
no mercado de traballo. A primeira acción levada a cabo foi a
elaboración dunha entrevista inicial en profundidade na que, coa axuda
do/a participante, se precisaban os primeiros datos para iniciar a
elaboración do Itinerario Persoal de Inserción Laboral.
Con esta primeira acción comeza o contacto persoal e individualizado
co/a participante. Esta entrevista inicial en profundidade centrouse
no coñecemento do historial persoal, formativo, profesional, e laboral
do/a participante; así como das súas expectativas laborais e as
circunstancias persoais que o/a poidan influír no proceso de Inserción
Laboral.
3.1 REFERENTE OS/AS PARTICIPANTES

3.1.1 ITINERARIO PERSONALIZADOS DE INSERCIÓN

É o instrumento fundamental e básico de traballo que se asenta na
experiencia e nas expectativas do/a participante e establece as bases
de actuación. A partir da realidade actual do/a participante e da
información aportada durante a entrevista inicial, establécense de
forma consensuada os pasos a seguir coa finalidade de lograr a
integración no mercado laboral e para acada-los obxectivos que se
estableceran nas titorías de inserción.
Así mesmo establece unha serie de prioridades a ter en conta para
poder facer unha orientación o máis individualizada posible, que se
pactará co/a participante cunha serie de actuacións a realizar o longo
dos Itinerarios que se establezan.
A posta en marcha e o seguimento das accións contempladas deste
Itinerario Persoal de Inserción lévanse a cabo mediante entrevistas
individualizadas.
Este Itinerario estrutúrase en catro bloques de accións:
Acollida inicial. Unha vez seleccionado o/a participante, realízase
unha entrevista inicial individual en profundidade (Enquisa Inicial de
Recollida de Datos), nun clima estritamente confidencial que propicie
a confianza e a empatía, e que terá como obxectivo o achegamento
inicial as súas circunstancias persoais e laborais para elaborar unha
primeira análise da situación e recolle-la demanda inicial das/dos
participantes.
Orientación Laboral. Serve para iniciar procesos de identificación e
xestión individual das capacidades e recursos persoais e profesionais,
co obxectivo de elaborar e efectuar os itinerarios persoais de
inserción. Esta orientación faise nas titorías de inserción
personalizada.
Formación. Dentro do itinerario de inserción a formación ocupa un
lugar primordial, xa que é onde se desenvolveran todas as accións
necesarias para logra-la cualificación axeitada á cualificación
profesional. Pode ser:
*
Ocupacional. Formación especifica en competencias laborais
adaptadas ao perfil profesional do/a participante.
*
Polivalente. Formación en competencias transversais, que incidirán
na mellora das habilidades sociais e da ocupabilidade.
Acompañamento á inserción: O acompañamento lévase a cabo tamén nas
titorías de inserción, apoiadas e complementadas con recursos de
intermediación laboral directa para obter os mellores resultados na
busca activa de emprego.
B) TITORÍAS PARA A INSERCIÓN

Enténdese por titorías individualizadas para a inserción a actividade
na que se determina cal é o obxectivo profesional, nas que se
reorientan as preferencias profesionais ou simplemente nas que se
asesora de forma individual sobre os recursos relacionado ca busca de
emprego.
O obxectivo das titorías é facilitar e clarificar o intereses persoais
e profesionais, as destrezas, as actitudes e os recursos que o/a
participante dispón para a busca de emprego, para concretar os seus
obxectivos profesionais, tendo sempre en conta as características do
mercado de traballo.
As titorías son metodoloxías de traballo nas que se poderá facilitar a
retroalimentación a hora de planificar o proxecto persoal de inserción
laboral e nas que se lle dará o/a participante os recursos necesarios
para que afronte a procura de emprego dunha forma autónoma e
reflexionada.
As titorías pódense dividir en 2 fases:
1.
Identificación de recursos persoais e profesionais:
*
Intereses, aptitudes, competencias, destrezas, habilidades
*
Coñecementos/experiencias
*
Formación
*
Actitudes/expectativas
*
Valores/motivación
*
Información profesional
2.
Determinación de obxectivos profesionais e planificación do
Itinerario personalizado.
*
Análise e contraste da información profesional recollida polo/a
demandante de emprego.
*
Consideración de posibles alternativas
*
Determinación de obxectivos profesionais
*
Establecer o Itinerario persoal de inserción laboral
*
Esclarecementos de dúbidas e pasos para a inserción
A continuación establecemos un gráfico ca evolución das titorías
levadas a cabo con todo o grupo participante no Proxecto Crear V
durante os meses de duración de dito proxecto.

C) SEGUIMENTO DA INSERCIÓN

Os/As titores/as de inserción levan durante todo o proxecto o
seguimento de todo o Itinerario Persoal de Inserción do participante.
Para facilita-la recollida de datos utilízase unha ficha na que se
describen todas as accións de orientación, asesoramento, información
ou xestión que se levaron a cabo nas diferentes titorías (persoais ou
telefónicas) co/a participante, así coma as accións de formación e
prácticas profesionais que desenvolveu ao longo do proxecto e as
accións de intermediación laboral, especificando as ofertas e o
seguimento dos procesos de selección (sinalando o posto ao cal optou,
o nome da empresa e as observacións que se considerarán oportunas ao
respecto, así coma o resultado).
Estas fichas sérvenlle ao titor/a como unha guía para coñecer e
establecer en todo momento o proceso e progreso das accións
establecidas no Itinerario de Inserción. (Anexo 2)
a. INFORMES FINAIS DE AVALIACIÓN
Nestas fichas recóllense tódalas accións realizadas polos/as
participantes ó longo do proxecto a nivel de formación, practicas,
intermediación laboral...outorgándolle ao final unha avaliación das
accións. (Anexo 3)
b. FICHA DE FINALIZACIÓN DA ACCIÓNS TITORIAIS
Esta ficha de finalización de titorías tenta facer unha valoración
xeral da situación de cada un dos/as participantes.
Fai unha recapitulación das accións propostas dende as titorías
personalizadas, a asistencia e participación por parte do/a
participante, establecendo unha valoración e avaliación final. Así
mesmo reflíctense todos aqueles datos sobre a finalización daquelas
titorías de inserción efectivo, deixando ao final un apartado ceibe
para as observacións que queira facer o titor/a de inserción.
3.2 REFERENTES Á EMPRESA

Dentro da relación coas empresas cabe salientar as actuacións da
Concellaría de Promoción Económica e Emprego así coma as accións
levadas a cabo polo equipo técnico de inserción do Proxecto Crear V
coas empresas do ámbito local e comarcal.
Estas actuacións de intermediación teñen a súa base nunha análise e
nun coñecemento exhaustivo do mercado laboral e do tecido empresarial
local e comarcal, permitindo inquirir por unha banda os perfís
demandados polas empresas e por outra asesorar e orientar os
participantes cara as posibles actuacións a nivel formativo, persoal,
profesional... que poden adoptar para ser seleccionado nas diferentes
ofertas de emprego que xurdan.
Neste terreo os/as titores/as de Inserción contactan cos axentes
sociais e intermediadores/as da zona (outros servizos de orientación,
consultoras, empresas de selección, centros de orientación laboral...)
establecendo nexos de unión e colaboracións que redunden nun beneficio
mutuo.
3.2.1. INTERMEDIACIÓN LABORAL DENTRO DO MERCADO LABORAL.

A intermediación laboral é unha das actuacións posta en práctica no
proxecto, chegando a considerarse unha parte moi relevante dentro da
inserción laboral dos/as participantes.
Coma eixe vertebrador de Intermediación Sociolaboral tomamos a
seguinte definición: “conxunto de accións que teñen por obxecto poñer
en contacto as ofertas de traballo cos demandantes de emprego para a
súa colocación. A intermediación sociolaboral ten como finalidade
proporcionar ós traballadores un emprego axeitado as súas
características e facilitar ós empregadores os traballadores máis
apropiados ós seus requirimentos e necesidades” (Ponte, E. e Fernández
E. (2006) páx.14). Por isto entendemos a intermediación laboral coma
un conxunto de accións que teñen como fin último o achegamento entre
as dúas partes fundamentais do mercado laboral, por un lado os/as
demandantes de emprego que procuran un posto de traballo
(desempregados/as) e aqueles/as que ofertan un posto de traballo
(oferentes), para obter un resultado favorable a unha das partes ou as
dúas.
Os servizos de intermediación Laboral, coma o Proxecto Crear V,
persegue coma fin último facilitar as persoas desempregados/as unha
mellora na súa situación laboral, ademais de mantelas informadas
acerca da situación e os movementos que se producen no mercado de
traballo, e para os/as oferentes, un lugar de referencia onde atopar
persoas que encaixen nos perfís que demandan, que polas súas
características poidan cubrir os postos vacantes dentro da súa
empresa.
Para realizar esta tarefa con éxito, o Proxecto Crear V conta cun
equipo técnico que posibilita por un lado:
*
A realización de entrevistas individualizadas cos participantes do
proxecto que se atopan en situación de desemprego e que desexan
incorporarse ou reincorporarse a vida laboral activa, iniciando,
os diferentes Itinerarios Personalizados de Inserción para
conseguir esta finalidade con garantías de éxito. Estas
entrevistas realízanas os/as Titores/as de Inserción.
*
A execución de visitas personalizadas aos empresarios/as que
formulan ofertas de emprego. Na que se atenden todas as demandas
de perfís profesionais facendo unha análise exhaustiva do posto de
traballo que ofrecen e os seus requirimentos competenciais. Estas
visitas realízanas un Relacións Públicas especializado en
orientación laboral.
E por outro:
*
A localización e Información dos/as candidatos/as cuios perfís
profesionais se adapten a cada oferta de traballo concreta.
*
A realización de rigorosos procesos de selección de entre os
candidatos/as para as diferentes ofertas de emprego.
*
A creación dun nexo de unión entre os/as candidatos/as cos
diferentes oferentes. Ademais asesórase á empresa nos procesos de
contratación e os candidatos/as na realización das probas de
selección e na incorporación á empresa.
Esta fase é fundamental durante todo o Proxecto Crear V xa que sen
unha moi ampla variedade de ofertas de emprego e unha xestión das
mesmas non se alcanzarían os obxectivos de inserción propostos ao
inicio do proxecto. As funcións ou actividades que principalmente se
levaron dentro desta fase foron:
1.
Análise e coñecemento do entorno (demandantes, empregadores/as e
empresarios/as, axentes sociais e intermediadores da zona). Dentro
desta análise sinalamos varias actuacións importantes:
a.
Coñecer os perfís demandados polos/as oferentes.
b.
Coñecer os perfís, as características e as necesidades dos
demandantes que actualmente procura emprego.
c.
Contactar con diferentes axentes sociais e intermediadores/as
laborais da zona, (cos que se estableceron vínculos e redes de
colaboración: na realización de practicas profesionais,
fidelización,... que redundaron nun beneficio bidireccional)
2.
Coñecemento do mercado laboral así coma dos oferentes de emprego:
o tecido empresarial é unha parte primordial dentro do proceso de
intermediación e dalgunha forma tamén son beneficiarios do propio
proxecto. Nesta fase realizouse unha análise pormenorizada do
tecido empresarial da zona, visitando un total aproximado de 900
empresas (da cidade de Santiago e a comarca) en momentos de maior
auxe e necesidade de persoal laboral.
3.
Fidelización de empresas: Durante a duración do Proxecto Crear V
foron moitas as empresas que tomaron coma punto de partida para
comezar os seus procesos de selección o proxecto, quedando
fidelizadas para posteriores accións a nivel laboral.
3.2.2. CAPACITACIÓN E FIDELIZACIÓN DE OFERENTES.

A captación e fidelización dos oferentes fixo que dispuxéramos de
relacións fluídas, constantes e xeradoras de oportunidades de emprego
para os/as participantes do Proxecto Crear V.
As empresas son parte fundamental do proxecto así como beneficiarios,
en parte, das accións de intermediación que os/as titores/as
desenvolven.
A relación que se estableceu entras os oferentes e o Proxecto Crear V,
como intermediador/a dos /as participantes do mesmo, conseguiu dar
resposta as demandas expostas por ambas partes
Manter un contacto directo coas empresas favoreceu a obtención dun
coñecemento máis amplo e mellor das demandas do mercado actual e así
poder mellorar os recursos, os métodos, os instrumentos... e dar unha
calidade maior ao traballo de orientación dentro dos itinerarios
personalizados de inserción de cada un dos/as participantes.
Para levar a cabo una captación e fidelización de calidade cas
empresas seguimos as seguintes fases:
1ª: Fidelización:
Nun primeiro momento procedeuse á fidelización das empresas que foran
contactadas nas edicións anteriores, e que contaban co Proxecto Crear
como referente en Intermediación laboral.
Os criterios seguidos foron os seguintes:
*
Sistematización e unificación das bases de datos anteriores.
*
Contacto con todas as empresas, entidades u organizacións
identificadas.
*
Actualización dos datos das mesmas.
*
Posta en coñecemento das empresas (vía telefónica, fax, correo
electrónico ou presencial) do inicio dunha nova edición do
Proxecto Crear.
*
Detección, observación e diferentes resolucións dos problemas
iniciais, intereses das empresas, entidades u organizacións
identificadas.
EMPRESAS FIDELIZADAS

Total CNAE’s Xerais
22
Agrupadas por sectores
*
Sector Primario
6
*
Sector Secundario
533
*
Sector Terciario
91
TOTAL EMPRESAS FIDELIZADAS
630
Na fase de fidelización contactouse cun total de 630 empresas, de
diferentes formas: visitas presenciais, contacto telefónicos ou vía
e-mail..., que pertencen aos 22 CNAE’s Xerais establecidos durante o
2009. Do total de empresas fidelizadas, o 84,60% pertencen ao sector
secundario, o 14,44% ao sector terciario e soamente un 0,95% a
empresas do primeiro sector.
2ª: Prospección indirecta:
O seguinte paso foi levar a cabo unha prospección de mercado para
determinar as necesidades laborais que operan en Santiago de cara a
axustar máis eficazmente a actividade de intermediación laboral. Os
criterios para acadar este obxectivo foron os seguintes:
*
Estudar as necesidades laborais das empresas e entidades que
operan en Santiago e comarca.
*
Buscar nichos de emprego axeitados para os/as participantes do
Proxecto Crear V.
*
Determinar demandas actuais e a estacionalidade do emprego no
mercado laboral.
*
Establecer as necesidades reais das empresas respecto ao
funcionamento dun servizo de intermediación laboral.
*
Determinar primeiros niveis de adhesión ao Proxecto Crear V.
*
Diversificar os sectores de obxecto de estudo.
Esta prospección levouse a cabo mediante contacto telefónico
utilizando unha entrevista estrutura cas empresas Esta prospección
denotou que as empresas estiveron moi interesadas no proxecto, sendo
entendido isto como a vontade por parte das empresas de recibiren
información pormenorizada e visitas personalizadas. Este estudo o
levou a cabo o persoal de Relacións Públicas do Proxecto Crear V, en
contacto directo co equipo de Titores/as do Proxecto.
EMPRESAS CONSULTADAS

Total CNAE’s Xerais
22
Agrupadas por sectores
*
Sector Primario
0
*
Sector Secundario
83
*
Sector Terciario
15
TOTAL EMPRESAS CONSULTADAS
98
Para a prospección indirecta de mercado, consultouse a un total de 98
empresas, as cales están agrupadas dentro dos 22 CNAE’s Xerais
establecidos no 2009. Segundo sectores produtivos, case o 84,69%
pertencen ao sector secundario (especialmente industrias extractivas e
manufactureiras, construción, comercio e servizos); ademais
contactouse con empresa do terceiro sector, cun total do 15,30% sobre
o total de empresas consultadas.
3ª: Prospección directa : Visitas á empresas
A prospección directa ou visita á empresas, constituíu a técnica que
vai a potenciar o éxito nas accións de intermediación, facilitando o
coñecemento dos diferentes axentes sociais e a resolución de
inquedanzas ou posíbeis obxeccións. O obxectivo primordial destas
entrevistas personalizadas cos empresarios/as potenciais que son
oferentes de emprego, é establecer unha relación de confianza entre o
oferente e o Proxecto Crear V.
No desenvolvemento do contacto directo coas empresas, infórmaselle
detalladamente sobres os medios e os beneficios que o Proxecto Crear V
puido ofertarlles:
*
Gratuidade: acceder aos currículos dos traballadores que se
axeiten máis ás súas necesidades non suporá custe algún.
*
Actualización: a bolsa de emprego revísase constantemente para ter
información actualizada sobre os datos e intereses dos/as
demandantes.
*
Rapidez na preselección: comprometémonos a enviarlle currículos
nun prazo de 24 horas.
*
Comodidade: a tramitación da oferta e envío de currículos non lle
implica desprazamentos de ningún tipo.
*
Garantía: en caso de non existiren perfís axeitados, o proxecto
comprométese a tratar directamente con outras bolsas de emprego ou
incluso a axudar na convocatoria en medios da oferta.
*
Seguimento: realizamos un seguimento do/a traballador/a no posto
de traballo, sen prexuízo de que poida contactar co Proxecto Crear
sempre que o crea oportuno.
Dados os perfís profesionais dos/as participantes, as empresas que
foron contactadas, así coma as entrevistadas realizas, pertencen ós
seguintes sectores:
EMPRESAS VISITADAS

Total CNAE’s Xerais
22
Agrupadas por sectores
*
Sector Primario
3
*
Sector Secundario
812
*
Sector Terciario
151
TOTAL EMPRESAS VISITADAS
966
Na fase de contacto persoal, prospección directa, cas empresas,
fixéronse entrevistas cos empresarios/as ou cos Responsábeis de
Recursos Humanos dun total de 966 empresas visitadas. Estas están
englobadas nos 22 CNAE`s Xerais que se estableceron no 2009. Se
dividimos as diferentes empresas en función dos sectores produtivos
observamos que o 84,05% pertencen ao sector secundario, un 15,63% ao
sector terciario e no sector primario visitouse tres empresas, xa que
neste caso a maioría das explotacións gandeiras, agrícolas... están
xestionadas e traballadas por familias.
3.2.3. CAPTACIÓN DIRECTA DE OFERTAS

A captación directa de ofertas parte da busca pormenorizada, activa e
exhaustiva de ofertas a través de diferentes medios de comunicación
(prensa, internet, boletíns oficiais, colexios profesionais...) Esta
procura de ofertas permite facer intermediación laboral directa tendo
coma base unha oferta real e tanxible.
O persoal técnico do proxecto (neste caso o Relacións Públicas e a/o
Responsable de xestión de ofertas do proxecto) póñense en contacto coa
empresa que precisa persoal e preséntalle o servizo de intermediación
laboral do Proxecto Crear, incentivando así a colaboración co mesmo.
Para a mellor xestión da oferta o persoal técnico remítelle un
formulario de oferta de emprego, onde os oferentes describen as
características do posto que ofertan. A partir de aí o oferente remite
vía fax, e-correo ou correo ordinario, o formulario de oferta de
emprego cumprimentado cos requisitos que demanda para o posto. Nun
prazo de 24 horas remíteselle á empresa os currículos dos
candidatos/as e faise un seguimento de dita oferta. A partir deste
momento comeza unha relación de intermediación entre o demandante de
emprego e o oferente.
3.2.4. BALEIRADO DE OFERTAS DIARIO

Para favorecer as actuacións de intermediación laboral diarias, así
coma para dar unha mais rápida resolución ás ofertas captadas
diariamente, así coma para fomentar a procura activa de emprego entre
os participantes do proxecto diariamente realízase un boletín que é
remitido vía correo electrónico a todas as persoas participantes no
proxecto, no que se inclúen todas as ofertas de emprego localizadas
polo persoal técnico tanto directa como indirectamente.
A función deste boletín e manter informados os/as participantes das
ofertas que aparecen no mercado laboral de Santiago e comarca, e
incentivar así a súa busca activa de emprego.
Na seguinte táboa pódense comprobar o total de ofertas publicadas nos
boletíns en función do mes ao longo do Proxecto Crear V:
Ofertas publicadas

Xullo `08
523
Agosto `08
545
Setembro `08
424
Outubro `08
521
Novembro `08
356
Decembro `08
417
Xaneiro `09
542
Febreiro `09
535
Marzo `09
419
Abril `09
459
TOTAL
4.741
3.2.5. TRAMITACIÓN E SEGUIMENTO DA OFERTA

Despois das accións levadas a cabo para difundir as ofertas de
emprego, deseñouse un sistema de acompañamento e seguimento da oferta
en xeral, e dos oferente contactados en particular. Isto permitiu
coñecer o resultado final da ofertas, así coma a calidade das xestións
e do servizo ofertado polo equipo técnico do Proxecto Crear V.
Estas accións leváronse a cabo por medio de chamadas telefónicas e
correos electrónicos o que facilitou tamén, mellor a labor e as
xestións do Equipo técnico de Intermediación laboral.
Despois da fidelización ca empresa e a tramitación das ofertas de
emprego comézase un proceso avaliativo da xestión levada a cabo.
Analízase tanto o contacto inicial, coma a tramitación da oferta coma
o resultado final (se existiu contratación, se precisaron mais
currículos...). Todo este análise permite regular, controlar e
canalizar as accións de intermediación que e levaron a cabo,
introducindo as modificacións e as melloras que se estimaron oportunas
para acadar os mellores resultados.
4.1 FORMACIÓN PARA OS/AS PARTICIPANTES

A formación é unha das fases máis relevantes e significativa do
Proxecto Crear V. É un aspecto que figura dentro do Diagnóstico
Sociolaboral e que en función deste o equipo técnico do proxecto
propón unha serie de accións formativas que son necesarias,
beneficiosas e de interese para a mellora da empregabilidade e da
capacitación profesional dos/as participantes do proxecto. Cada
participante xunto co seu titor/a de inserción elixe os cursos máis
axeitados segundo o seu perfil, as súas características e a súa
formación inicial... tal e coma se plasma no seu Itinerario
Personalizado de Inserción.
A formación impartida dentro do Proxecto Crear V versou en dous eidos
importantes dentro da área laboral. Por unha banda os cursos
orientados ao coñecemento e practica dos métodos de busca activa de
emprego, (co fin de que os/as participantes consigan afrontarse con
éxito aos procesos de selección de persoal, a busca de emprego, estes
cursos foron ofertados a todos os/as participantes/as do proxecto), e
por outra banda os cursos específicos para aqueles/as participantes
que tiveran carencias no seu ámbito profesional para que desta forma
mellorasen súa capacitación para un posto de traballo.
Coa finalidade de facilitar a asistencia dos/as participantes aos
cursos, concedéuselles unha bolsa de 6 €/día en concepto de gastos de
desprazamento, evitando de este xeito que a asistencia as actividades
de formación fose unha carga económica para eles. Así mesmo os/as
participantes que asistiron aos diversos cursos de formación estiveron
cubertos por un seguro de accidentes.
Para levar a cabo esta fase de accións formativas pártese da análise
das necesidades formativas dos/as participantes a través dos datos
recollidos no Diagnóstico Sociolaboral, no IPI, nas diferentes
titorías personalizadas e en función das esixencias do mercado
laboral. Este estudo realizase ó comezo do proxecto; polo que a
formación ofertada foi moi diversa. A fase de formación alargouse ó
longo do Proxecto Crear V simultaneamente cas prácticas profesionais e
tamén coa intermediación laboral prevista.
No seguinte cadro establécese o total dos cursos realizados así coma
as súas datas de realización:
CURSOS DE FORMACIÓN
HORAS TOTAIS DE FORMACIÓN
SUMATORIO DE ASISTENTES AOS CURSOS
20
395
227
CURSO
SETEMBRO
OUTUBRO
NOVEMBRO
DECEMBRO
XANEIRO

























Instrumentos e técnicas no proceso de Busca de emprego (12 hrs)
Iniciación á Ofimática (20 hrs)
Ofimática Avanzada (20 hrs)
Habilidade sociais para a Ocupación (12 hrs)
Inglés (20 hrs)
Xestión de Proxectos (20 hrs)
Educación vial para o emprego (50 hrs)
Mantemento básico de edificios (32 hrs.)
Axenda de Actividade Profesional: Xestión Eficaz de tarefas e tempo
(10hrs)
Tics e Xestión de Empresas (30 hrs)
Francés (20 hrs)
Curso para o emprendemento (20 hrs)
Entrevista Real na Empresa (15 hrs)
Imaxe Persoal (10 hrs)
Habilidades comunicativas nos textos administrativos (8 hrs)
Proxectos Europeos (10 hrs)
Resolución de conflictos (10 hrs)
Protocolo Empresarial (4 hrs)
Igualdade de Oportunidades (10 hrs)
Ofimática Avanzada (2) (20 hrs)
Adestramento en procesos de seleción de persoal (20 hrs)
4.2 PRÁCTICAS PROFESIONAIS

As prácticas profesionais e reais na empresa, constitúen un bloque de
formación experiencial baseado nun conxunto de obxectivos (capacidades
terminais), contidos (actividades formativas) e criterios de
avaliación que permiten as/os participantes complementar a súa
cualificación e adquirir outras destrezas e capacidades, que non poden
alcanzarse se non é a través da realidade laboral.
Na actualidade os perfís profesionais requiridos polas empresas
esixen, por unha banda, un nivel de formación cada vez maior e, por
outra, unha dilatada experiencia profesional en postos similares ós
que se ofertan. Aspectos que en moitas ocasións non son axustados cos
perfís profesionais que aportan os/as participantes do Proxecto Crear
V
As prácticas profesionais ofertadas dende o proxecto pretenden que
aqueles/as participantes sen experiencia profesional e laboral
(normalmente xóvenes que procuran o seu primeiro emprego) e aqueles/as
que deciden reorientar a súa vida laboral cara outro ámbito diferente
consigan a formación e a práctica en aquelas empresas que poidan
aportarlles o coñecemento necesario para comezar ou retomar a súa
ocupabilidade
Unha vez detectados os/as participantes perceptibles de facer
prácticas en empresas e de barallar as vantaxes e destavantaxes de
realizar prácticas, localízase ás empresas nas que sería posible a
realización das mesmas. Despois dun primeiro filtrado, seleccionouse
unha empresa que se axustara máis ás demandas do/a participante e
establécese un primeiro contacto expoñéndolle a filosofía do programa
e a xestión das prácticas que se van a levar a cabo. No caso de que a
empresa mostrara o seu interese en acoller a un/ha participante en
prácticas concertase unha cita na que se lle formula o plano de
prácticas e a necesidade de firmar un convenio para a formalización do
acordo.
O/A titor/a de inserción busca aqueles datos que permiten asegurar que
as empresas colaboradoras cumpran cas garantías mínimas para a
aceptación dos principios e obxectivos das prácticas, realizando unha
avaliación sobre a organización e a estructura empresarial,
constatando que, efectivamente, permita o desenvolvemento das
actividades formativas relacionadas co perfil do participante. Para a
realización das prácticas requírese o asinado do convenio de
colaboración entre ambas institucións no que se comprometen a designar
un titor/a dentro da empresa e a acordar un “Programa Formativo” que
contemple as tarefas que terá que realizar o/a participante no período
de formación experiencial.
Estas prácticas profesionais teñen unha duración de 100 horas lectivas
onde se aplica o “Programa Formativo” acordado entre as tres partes (o
titor/a da empresa, o titor/a do Proxecto Crear V e o/a participante).
Dentro do Proxecto Crear V existiu, nalgún caso, a posibilidade de
ampliar o período de prácticas a 200 horas para apoiar a inserción
profesional dentro da empresa e como período de adaptación ao posto de
traballo.
Un amplo grupo de participantes do proxecto estiveron interesados/as
en desenvolver prácticas profesionais en diferentes empresas. Destas
prácticas profesionais formuláronse varios postos de traballo, nos que
se contratou a participantes do Proxecto Crear V que desenvolveron as
súas prácticas nesa empresa, así coma que se estableceron redes e
convenios de colaboración necesarios para que cando xurda unha
posibilidade laboral dentro da empresa se contrate a persoa que estivo
en prácticas.
En definitiva os obxectivos das prácticas profesionais son:
*
Complementala adquisición da competencia profesional conseguida no
proceso formativo, mediante a realización dun conxunto de
actividades identificadas entre as actividades productivas da
empresa.
*
Adquirir a competencia profesional característica de cada
especialidade, e madurez profesional motivadora de futuros
aprendizaxes e adaptacións.
*
Avaliar os aspectos máis relevantes da competencia profesional do
e, en particular, acreditar aqueles aspectos da competencia
precisa no emprego.
*
Adquirir o coñecemento da organización productiva correspondente
ao perfil profesional e o sistema de relacións sociolaborais do
entorno de traballo, a fin de facilitar a súa futura inserción
profesional.
A continuación exponse o listado de persoas que realizan prácticas
profesionais así como o nome da empresa onde realizan as mesmas.
EMPRESAS CONCERTADAS
Nº PARTICIPANTES
Proxecto CREAR V
20
23
5. ESTUDO E ANÁLISE DA INSERCIÓN LABORAL

5.1PARTICIPANTES INSERTADOS/AS EN FUNCIÓN DO XÉNERO

Insertados /as
%
Mulleres
24
48,9
Homes
25
51,02
Total
49
100

Como podemos observar na táboa, de 75 participantes admitidos dentro
do Proxecto Crear V, están inseridos/as no mundo laboral un 47,6% das
mulleres, e un 52,3 % dos homes. Cun total de 42 persoas traballando.
INSERTADOS /AS
NON INSERTADOS/AS
%
Mulleres
24
16
62,5
Homes
25
10
71,4
Total
49
26
65,3

Esta táboa ofrecenos unha comparativa das insercións con respecto á
totalidade dos/as participantes do Proxecto Crear V. Segundo os datos
arriba expostos, o 65,30% do total de participantes están insertados
laboralmente.
Segundo o xénero, o 62,5% das mulleres participantes están insertadas,
dato que aumenta no caso dos homes, que acadan máis de un 71,4 % das
insercións.
5.2.PARTICIPANTES INSERTADOS/AS EN FUNCIÓN DA IDADE

Total de Participantes
Total de Insertados/as
% Insercións
16-19
1
-
-
20-24
6
5
83,33
25-34
44
28
63,63
35-44
18
10
55,55
45-54
6
4
66,67
55-64
-
-
-
TOTAL
75
49
65,33
Segundo os datos expostos, os intervalos de idades nos que se acadaron
os índices maiores de inserción foros, os/as participantes de entre 45
a 54 anos, cun 66,67% das insercións, seguido do intervalo de 25 a 34
anos, cun 59,09% (tendo en conta que é este o grupo de idade
maioritario dentro do proxecto).

Na gráfica obsérvanse o total de insercións segundo o xénero e o tramo
de idade. Neste caso e aínda que o longo do Proxecto Crear V oscilaron
os datos, os homes superan en número de insercións as mulleres sobre
todo no tramo de idade de entre os 25-34 anos aínda que son as
mulleres as que superan os homes no tramo de entre os 35-44 anos,
sendo este dato significativo xa que as mulleres maiores de 32 anos
teñen máis dificultades para atopar emprego.
5.3. PARTICIPANTES INSERTADOS/AS EN FUNCIÓN DA TITULACIÓN

Total de Participantes
Total de Insertados/as
% Insercións
Doutoramento
-
-
-
Licenciatura
29
19
65,51
Diplomatura
5
5
100,00
Bacharelato
7
6
85,71
C. Sup. /FPII
16
8
50,00
C.M. /FPI
6
4
66,66
ESO
2
1
50,00
EXB
6
3
50,00
Est. primarios
4
3
75,00
Sen estudos
-
-
-
TOTAL
75
49
65,33
Atendendo ao nivel de titulación, obsérvase que as porcentaxes máis
altas correspóndense aos grupos que cursaron estudos correspondentes
ao ensino obrigatorio (Est. Primarios, EXB, ESO), no que a media é do
58,3%. A inserción dos/as participantes con diplomaturas foi dun 100%
e con licenciatura foi dun 65,51%. Podemos concluír dicindo que a
media de insercións por nivel de estudo supera a metade dos/as
participantes que cursaron dito nivel exceptuando aqueles que
estudaron Ciclos Medios ou Superiores.

Nesta gráfica fai referencia aos números totais de insercións segundo
a titulación e o xénero. Destacamos que no caso das persoas con
licenciaturas, hai mais nº de homes, ao contrario que nos casos dos/as
participantes que cursaron algún Ciclo Medio ou Superior ou teñen
Estudos Primarios, nos que se dá maior nº de insercións femininas.
25
MEMORIA DO PROGRAMA EXPERIMENTAL - I PLAN DE EMPREGO

  • WWWMONOGRAFIASCOM ALTERNATIVAS PARA LA COMUNICACIÓN DE UN AUTISTA GABRIELA
  • COMPLETING A FORM ANSWERS WTL12 WTL15 YOUR LOCAL
  • AC19 DOC 183 (ENGLISH ONLYSEULEMENT EN ANGLAIS ÚNICAMENTE EN
  • LOUISVILLE METRO COUNCIL DISTRICT 9 ENEWS JANUARY 21 2021
  • MINISTERIO DE AGRICULTURA PESCA Y ALIMENTACIÓN FORMULARIO DE QUEJASUGERENCIA
  • TOP OF FORM HEALTH AND SAFETY EXECUTIVE LOCAL
  • CHARLOTTE AREA NURSE AIDE I PROGRAMS 1 CENTRAL PIEDMONT
  • NEGLECT OF REFUGEE PARTICIPATION BY MARIE THERES BENNER AREE
  • DYBOWSKI TIPS ON PROBLEM SOLVING PAGE 2 GENERAL TIPS
  • POSTANOWIENIA OGÓLNE 1 PRZEDSIĘBIORCĄ PROWADZĄCYM SKLEP INTERNETOWY ZNAJDUJĄCY SIĘ
  • LAS MIS PENAS MADRE CANCIONERO DE PALACIO S XVI
  • REVISTA CANDIDUS NO16 JULIOAGOSTO 2001 ISABEL GÓMEZ TERESA
  • REQUEST FOR SUBSTITUTE DRIVER THIS SHEET MUST BE TURNED
  • DZIENNIK POMIARU DŁUGOŚCI BOKÓW STR BOK LICZBA PEŁNYCH
  • LOYOLA COLLEGE (AUTONOMOUS) CHENNAI – 600 034 MSC DEGREE
  • REVISTA MIRAMAR Nº 168 NOVIEMBRE – DICIEMBRE 2007
  • MODEL RECRUITING AGREEMENT THE AMERICAN STAFFING ASSOCIATION AND THE
  • Spring Mountain Adventures Rock Climbing Tower Rock Climbing Tower
  • MANEJO DE RESIDUOS EN CENTROS DE ATENCIÓN DE SALUD
  • DOMENA PRZEDSZKOLE1SWARZEDZPL ZOSTAŁA ZAREJESTROWANA W SERWISIE AFTERMARKETPL ZAINTERESOWANY TĄ
  • AMNESTY INTERNATIONAL PHILIPPINEN KINDHEIT IM ABSEITS FESTNAHME UND
  • CUMPLIMENTACIÓN DEL DOCUMENTO EPÍGRAFE 1 EXPEDIDOR NOMBRE Y DIRECCIÓN
  • NAMING MIXED IONIC AND COVALENT COMPOUNDS NAME THE FOLLOWING
  • 7 THE EARLY HELP SERVICES AND UNIVERSAL SETTINGS THE
  • REGLAMENTO GENERAL INTERNO APROBADO POR LA JUNTA DIRECTIVA
  • STOCKBOND POWER FOR VALUE RECEIVED THE UNDERSIGNED DOES (DO)
  •  GUÍA N° 10 DE HISTORIA 6TO BÁSICO NOMBRE
  • REGULAMIN PORZĄDKOWY SZPITALA POWIATOWEGO W WOŁOMINIE
  • FNF MORTGAGE POOL NO REGISTRY OFFICE ● DEED OF
  • JANSSEN SCIENTIFIC AFFAIRS LLC CERTIFICATION OF SEPARATION (REQUIRED FOR